Esta mañá presentouse o Depor Campus Cabreiroá, en colaboración ca Escola Deportiva Terras de Maside. A actividade terá lugar entre os días 26 e 30 de xuño, durante toda unha semana. Este campus repite en Maside tralo éxito das edicións pasadas, nas que conseguiron reunir a 49 rapaces. O prazo de inscrición está aberto ata o día 21 ás 12:00 horas.
O coordinador do Depor Campus, Pablo Barros, explicou como se pode facer o proceso de inscrición para as familias interesadas, os descontos e o material que se lles ofrecerá ós rapaces.
Ademais, aproveitaron a presentación para anunciar que xa está aberto o prazo de inscrición para a Escola Deportiva Terras de Maside, que actualmente conta con preto de 100 rapaces.
O alcalde aproveitou para explicar hoxe as reformas inmediatas que se levarán a cabo neste campo, así para anunciar que pedirá apoios para un novo céspede e unha pista de atletismo.