Novas frescas para este verán!!! Temos novas vacantes para un Youth Exchange que terá lugar no sur de Portugal!!!
Ferreira do Alentejo (Portugal)
Intercambio Xuvenil: 24 xullo a 4 de agosto de 2023 – Incluidos días de viaxe
Buscamos a 5 participantes (18-25 anos)
Obxectivos:
- Ofrecer a mocidade a oportunidade de compartir experiencias sobre a situación de Europa e analizar os Obxectivos da Mocidade desde o punto de vista de diferentes países europeos.
- Proporcionar ferramentas e métodos de expresión e comunicación como vídeo, audio, deseño, debuxo, danza, teatro e outros, para empoderar a mocidade.
- Mellorar as habilidades e coñecementos da xuventude no campo da comunicación e expresión, e como usalos como unha ferramenta para promover a cultura.
- Intercambio de coñecementos sobre “Como entender os Obxectivos Europeos de Solidariedade”.
➡ Mais información e inscricións no e-mail omix.ribadavia@gmail.com