O concello do Carballiño anuncia a próxima apertura da piscina municipal para o vindeiro día 23, venres. No caso de que a adecuación das instalacións e o tempo o permita, quizais poida adiantarse a data ó día 21, segundo afirmou a concelleira de deportes en funcións, Silvia Baranda.
Neste momento, a empresa adxudicataria deste servizo está a realizar os traballos de acondicionamento no entorno na piscina e tamén nos vasos, así como comprobando o correcto funcionamento da mesma. Dentro do contrato con esta empresa está incluído o mantemento completo e o arranxo de calquera incidencia.