O presidente en funcións da Deputación, Manuel Baltar, e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa, mantiveron un encontro no Pazo Provincial despois de que Nóvoa fora reelixida o pasado 6 de xuño ao fronte da patronal ourensá.
Na reunión, Manuel Baltar e Marisol Nóvoa -acompañada polo secretario xeral da CEO, Jaime Pereira- analizaron as liñas de colaboración abertas actualmente entre ámbalas entidades. O presidente do goberno provincial en funcións destacou o bo traballo da patronal ourensá en programas estratéxicos de inserción laboral e fomento do emprego, ademais do seu papel como axente dinamizador do territorio.