Na reunión desta mañá perfiláronse os cinco eixos fundamentais do proxecto nacionalista. Ourense como un concello acolledor, sostible e da auga, en movemento, creativo, e económicamente activo.
Ourense, 04 de marzo de 2023. Está mañá e no Centro Cívico da rúa Colón, o BNG de Ourense reuniu por segunda vez de maneira presencial ao seu Obradoiro de Ideas, o cal, e distribuído a través de grupos de traballo, foi elaborando as propostas que fornecerán o programa e o proxecto nacionalista de cara ás eleccións municipais de maio de 2023.
Na xuntanza participaron, ao igual que da anterior vez, persoas vencelladas a distintos ámbitos como pode ser o empresarial, o cultural, o deportivo, o social, o administrativo, ou o educativo, e as cales fixeron as súas aportacións dentro de cada un dos seus ámbitos de actuación.
Esta mañá expuxéronse as conclusións ás que os diferentes grupos de traballo chegaron ao longo dos últimos meses logo da posta en común das aportacións de cada un dos participantes, unhas conclusións que desde o BNG agardan poder presentar públicamente en vindeiras semanas e que xirarán en torno a cinco eixos fundamentais.
Ourense como concello acolledor, Ourense como concello sositble e da auga, Ourense como concello en movemento, Ourense como concello creativo e Ourense como un concello económicamente activo.