Sanidade pechará Galicia para este Nadal, dende o 23 de decembro ó 6 de xaneiro

O comité clínico que fai seguimento da situación da Covid-19 en Galicia reuniuse onte pola tarde. Entre as decisión tomadas, destaca o paso do concello de Santiago de Compostela ó nivel medio, quedando así pechado perimetralmente.

No caso de Ourense, a cidade mantense tal e como estaba, sen cambios nas medidas. “Ourense está bajo vigilancia estrecha. Ha incrementado la incidencia acumulada, aunque no como Santiago”. Pola contra, os novos contaxios detectados en Verín e A Rúa fan que o comité clínico acordara unha vixilancia especial.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por último, a Consellería de Sanidade informou do plan de Nadal para Galicia. A comunidade estará pechada perimetralmente do 23 de decembro ó 6 de xaneiro, salvo por cuestións laborais, sanitarias ou familiares. As reunións, recomendan que se produzan nunha soa unidade familiar ou máximo dúas evitando reunirse máis de dez persoas. Manter a máscara posta o máximo tempo posible, non compartir bebidas nin alimentos e ventilar as estancias.