A parada de taxis volverá á súa ubicación na Alameda ca volta do transporte escolar

O comezo do transporte escolar obriga a cambiar de novo a ubicación da parada de taxis da Alameda. Durante este verán, e de xeito excepcional,  a parada estivo situada na Avda. Xullo R. Soto, fronte ao hotel Arenteiro, co obxectivo de facilitar á hostalería da zona a alameda a ampliación das terrazas. Sen embargo, co inicio do curso e a entrada en funcionamento do bus escolar, que ten a parada neste lugar, os taxis regresan a partir de hoxe hoxe á súa ubicación habitual, na Alameda.

Publicidade