Máis de seis millóns de euros en presuposto para o concello de San Cibrao das Viñas en 2023

  • Incrementouse en medio millón de euros máis respecto ao orzamento de 2022.
  • Este novo presuposto contempla as dotacións axeitadas e suficientes para facer fronte a inflación, ao funcionamiento dos servizos municipais e poder seguir mellorando a calidade de vida dos veciños.
  • Ademais non hai un incremento de impostos para os cidadadáns de San Cibrao das Viñas.

San Cibrao das Viñas, mércores 30 de novembro de 2022

Esta mañá tivo lugar o pleno municipal no que se aprobou o presuposto anual para o 2023 do Concello de San Cibrao das Viñas. O orzamento para este novo ano ascende á cifra de 6.515.788,28 €. Deuse un Incremento de 502.658,28€, un 8,36% máis en relación ao 2022.

AVANTAR ACTIVIDADES

A aprobación foi resultado da votación con 10 votos a favor do grupo de goberno e 3 votos en contra da oposición.

“Trátase dun novo presuposto que contempla as dotacións axeitadas e suficientes para facer fronte aos gastos, tanto para o funcionamiento dos servizos municipais como para mellorar a calidade de vida dos veciños”, asegura o alcalde, Manuel Pedro Fernández.

“Deste xeito, contémplase tamén a subida de prezos que estamos a sufrir como consecuencia da elevada inflación” conclue o edil municipal, confirmando que se respeta o principio de transparencia.

Ademais da subida para gastos municipais, non se van incrementar os impostos aos veciños, pois non se actualizou a subida do IPC en ningunha cantidade a pagar polos cidadáns.

Por outra banda, con este presuposto preténdense aumentar os  servizos sociais, máis actividades deportivas e culturais, sen abandonar as restantes áreas. O obxectivo principal é manter unha estabilidade, sen descoidar ningún ámbito municipal.

Estes presupostos contan con cero euros de débeda, xa que o Concello de San Cibrao das Viñas non ten ningún descuberto.

RESUMO POR CAPÍTULOS DOS PRESUPOSTOS CON MAIOR IMPORTANCIA:

  1. GASTOS EN PERSOAL: 1.576.013,20€, cun incremento de 7.66%, representando tan só un 24,18% do presuposto total.

Fundamentalmente a subida do gasto en persoal está xustificada na adecuación dos soldos a relación de postos de traballo aprobada neste ano 2022, e na actualización dos salarios respecto ao IPC acordado polo Goberno de España.

Dentro desta dotación hai que destacar que haberá dous novos postos de funcionariado: un de administrativo e outro de técnico de contratación, que se atopan nestes momentos  en tramitación. Tamén haberá unha nova vacante de tesoureiro e outro de monitor deportivo, que aínda están pendentes de convocatoria.

  1. GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS: 4.197.175,08€, cun incremento do 10,57%, que representa un 64.41% do presuposto total.

Este capítulo contempla os gastos para afrontar os servizos sociais primarios, a atención a domicilio, a escola infantil, as actividades deportivas, culturais, alumeamento público, saneamentos, depuración e recollida de lixo.

O incremento da cantidade económica neste capítulo quedaría desglosada do seguinte xeito:

  • Servizos sociais e atención domiciliaria: 506.204,99€, cun incremento do 13,50%.
  • Servizos deportivos e culturais: 336.620€, cun incremento do 6,82%.
  • Gardaría municipal: 272.000€, cunha subida do 29,15%, debido a nova licitación e a gratuidade da atención educativa cofinanciada coa Xunta de Galicia.
  • Alumeamento municipal. Debido ao cambio de iluminación a LED quedan presupostados 458.000€, en base ao que se gastou este ano 2022. A subida do prezo da luz, provocou o  encarecemento nesta partida, que non foi tan alta, grazas a substitución de todas as luminarias.
  1. TRANSFERENCIAS CORRENTES: ascenden a un total de 190.100€, que contemplan as partidas de subvencións para:
  2. Fomento da natalidade.
  3. Adquisición de material escolar.
  4. Transporte escolar fora da provincia.
  5. Familias con servizo de madrugadores.
  6. Eventos tradicionais como festas patronais, magostos, entroido, etc..
  7. Fomento das actividades deportivas e culturais.
  8. Compre destar a axuda para o fomento da mobilidade sostible nos Polígonos de San Cibrao das Viñas, Barreiros e Tecnópole.
  1. INVERSIÓNS REAIS:ascenden a un total de 549.500€

Neste capítulo contémplanse os gastos destinados a:

  • Mellora e construción de novas infraestruturas, como beirarúas e camiños.
  • Mellora dos parques infantís existentes.
  • Compra de terreos destinados a novos locais sociais e zonas deportivas.
  • Compra de maquinaria e novo vehículo municipal.
  • Construción e mellora de novas instalacións deportivas. Prevese a apertura da nova piscina para os pequenos en Soutopenedo cunha renovación do céspede, así como as novas bancadas para a pista do lado das piscinas de Ponte Noalla.
  • Mellora no saneamento do Polígono de San Cibrao das Viñas.

5. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

  • Subvención nominativa á Asociación de Montes de Soutopenedo para o proxecto de mellora do velorio, que non se levou a cabo nos pasados anos. Como non puido executarse, destínase unha partida económica para este capítulo.