-Nas instalacións adestra o CD Arenteiro, ademais das categorías inferiores da escola, un equipo sénior feminino e catro masculinos
O Carballiño, 16 de xuño de 2023
Máis de 300 deportistas beneficiaranse da transformación do Campo da Uceira. O Concello do Carballiño vén de adxudicar a renovación das instalacións, nas que adestra o CD Arenteiro e tamén xogan as categorías inferiores da escola de fútbol. Máis en concreto, o campo é usado por preto de 200 nenos, un equipo sénior feminino e 4 sénior masculinos. A actuación adxudicouse por un importe de 173.000 euros.
Para levar a cabo a renovación das instalacións, arrendarase unha nova superficie sintética de última xeración que remplazará a actual, que se encontra moi deteriorada. A mellora da calidade inclúe a tipoloxía das fibras, que estarán adaptadas ao regulamento que establece a FIFA.
Tal e como asegurou a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, con esta actuación se atende unha demanda veciñal que se remonta anos atrás e que se cumprirá con fondos propios da administración local.