O Bng di que o Ribeiro necesita outras políticas, que paren o crecente abandono da nosa Denominación de Orixe.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os viticultores do Ribeiro están a levar adiante estes días un duro traballo para lograr salvar as súas colleitas diante da proliferación de pragas, en especial mildiu e black-rot, que están sendo provocadas pola chegada do calor no medio dunhas condicións de humidade inusualmente elevadas.

Porén, outra campaña máis a Consellería do Medio Rural segue sen publicar ningún aviso fitosanitario para axudar á xente do Ribeiro a anticiparse aos problemas fúnxicos, facendoos máis efectivos e asequibles. Outro ano máis, o único aviso oficial segue a ser o boletín fitosanitario que emite a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra e que monitoriza só os viñedos desa provincia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais persiste a discriminación á que o sistema español de seguros agrarios somete á viticultura galega, xa que no sur da Península as perdas causadas polo mildiu están cubertas polos seguros agrarios, mentres que no Ribeiro e no resto de Galiza non se compensan esas mermas e os nosos viticultores teñen que asumir todo o menoscabo da súa colleita.

Estes son algúns dos moitos problemas reais da nosa comarca. Desde o BNG denunciamos a pasividade dos distintos gobernos e esiximos políticas útiles e efectivas por parte das administracións públicas que permitan o mantemento da nosa denominación de orixe, con condicións dignas de traballo que favorezan o relevo xeracional e paren o abandono que ano tras ano se mantén no Ribeiro.