Esta fin de semana finalizan as actividades dos Circuítos Galegos de Teatro Amador, que organiza Tiruleque

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta fin de semana finalizan as actividades dos Circuítos Galegos de Teatro Amador, que organiza Tiruleque, Grupo de Teatro na vila do Carballiño, coa colaboración da Federación Galega de Teatro Afeccionado e o patrocinio da Xunta de Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado, primeiro, de xullo, os actores de Tiruleque porán en escena MICROTIRULOS, un conxunto de pequenas comedias, que anteriormente formaban un conxunto de catro micro-teatros e agora contan co engadido dunha nova escena, A PRINCESA FELICÍSIMA & O DRAGON ROMUALDO, á que seguirán REENCARNACIÓN, RAIOS E TRONOS, MILHOMES e MORREU A TÍA MARÍA.

Pechará este ciclo teatral dos circuítos o grupo Damecuerdaqueteatro de Pontedeume coa comedia VAIA IDIOTAS.

As representacións, coma sempre, no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás oito da tarde.