A sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia celebrarase do 14 ao 17 de setembro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Santiago de Compostela acollerá catro días de música, cinema, conferencias 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

e cultura dixital en espazos emblemáticos da cidade

O festival activa hoxe mesmo, a través de www.wosfestival.es

a venda dos primeiros abonos a un prezo especial

Santiago, 29 de xuño de 2023.- O WOS Festival x SON Estrella Galicia regresará a Santiago de Compostela o 14 ao 17 de setembro. A sétima edición do evento, referente na cultura de vangarda a nivel estatal, ofrecerá catro días de música, cinema, conferencias e cultura dixital en emblemáticos espazos dunha cidade que é Patrimonio Cultural da Humanidade.

WOS Festival x SON Estrella Galicia é un encontro multidisciplinar anual con sede en Santiago de Compostela dedicado a promover e fomentar a música e a cultura de vangarda con concertos e actividades en diferentes espazos de alto valor patrimonial da cidade. Impulsado pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY, o festival recibiu ao longo dos anos varios galardóns que o acreditan como un dos mellores festivais ‘indoors’ de España e Europa, coma nos Iberian Festival Awards (2022) ou European Festival Awards (2018).

Deste este xoves 29 de xuño, ás 12:00 horas, están á venda a través da páxina web oficial www.wosfestival.es un número limitado de abonos de 4 días (xoves a domingo) ao prezo reducido de 55 euros, que ofrece ao público un desconto de 10 euros respecto ao abono de prezo normal. Estes abonos de 4 días darán acceso ao programa completo do festival o xoves 14, venres 15, o sábado 16 e o domingo 17 de setembro. Desde hoxe mesmo tamén é posible adquirir os abonos de 3 días a un prezo de 45 euros, cun desconto de 10 euros con respecto ao prezo oficial, e que darán acceso ao programa completo do evento, venres 15, sábado 16 e domingo 17.

WOS, que dará a coñecer os primeiros nomes do seu cartel no mes de xullo, conta con SON Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais do apoio de institucións como Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e AGADIC, Concello de Santiago de Compostela e Deputación Provincial da Coruña.