Cun presuposto de licitación de 108.207 euros, e un presuposto de adxudicación de 79.327 euros, deron comezo esta semana os proxectos de reforma das rúas Eduardo Blanco Amor e Eusebio Lorenzo, que se enmarcan no plan de mellora de infraestruturas viarias do casco urbano e do rural do Carballiño.

Os proxectos conlevan a renovación da canalización da rede de abastecemento e saneamento, así como beirarrúas e asfaltado en quente.

Hai unhas semanas comezaron tamén as obras da rúa Saleta, que conlevan novo asfaltado, reposición da rede de abastecemento e saneamento, beirarrúa e iluminación led. Obras que produciron críticas dalgúns veciños ao ver que o que se estaba executando non era o acordado. Fumega quixo hoxe tranquilizar aos veciños asegurando que as obras responden ao proxecto inicial ainda que recoñece que xurdiron inconvenientes coa cesión dos terreos dalgúns propietarios.

Estas obras, xunto coas que se realizan nas rúas Madalena, Solana e San Benito, suporán unha mellora significativa dos viais deste barrio, cuxo estado era moi deficiente. Trátase da primera fase dun plan de mellora de infraestruturas viarias do casco urbano e do rural do Carballiño