A Xunta reafirma o seu apoio ás entidades do ámbito da discapacidade na XXV Convivencia Familiar de Special Olympics Galicia—Fademga

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reafirmou hoxe o apoio do Executivo autonómico ás entidades que traballan neste ámbito, por entender que son fundamentais para prestar unha atención especializada e adaptada ás necesidade de cada persoa. Fíxoo na XXV Convivencia Familiar de Persoas con Discapacidade Intelectual organizada por Special Olympics Galicia—Fademga.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, tamén participou neste evento que se desenvolveu no parque municipal do Carballiño e que reuniu a preto de un milleiro de persoas. A xuntanza foi un punto de encontro para usuarios das distintas entidades, profesionais e familiares, que compartiron unha xornada de carácter festivo.

Tamén estuvo no acto a parlamentaria Marina Ortega Secretaria de Políticas Sociales da CENG do PSdeG-PSOE