Doblete dos equipos becados pola Fga na gara n5 no rallye sur do Condado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os dous equipos becados pola Federación Galega de Automobilismo formados por Alexis Vieitez e Cristian Álvarez e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, foron protagonistas da quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes (primeiro e segundo posto na Gara N5 e na Top Ten Pirelli Driver Autia B), un Sur do Condado no que a climatoloxía tivo moito que dicir, especialmente nos compases iniciais da competición.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Alexis Vieitez e Cristian Álvárez lograron un sobresaínte quinto posto da xeral absoluta nunha proba na que loitaron durante toda a xornada cos varios rivais, primeiro con José Lamela e Néstor Casal e despois con Manuel Fernández e Álex Cid, para sumar uns importantes puntos dentro da Gara N5 (segunda victoria da tempada) e na xeral do certame.

Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, pola súa banda, partían no Sur do Condado coa idea de recuperar as sensacións logo de dous abandonos consecutivos e cumpriron coa súa vontade. Cada vez máis cómodos sobre o Nissan Micra N5 do preparador RMC, os pontevedreses remataron a proba na sexta posición da clasificación xeral e segundos da Gara N5, confirmando o doblete dos becados da FGA.

A seguinte proba dentro do calendario deportivo dos becados pola Federación Galega de Automobilismo será con motivo do Rallye Pazo Tizón no último fin de semana do mes de xullo.