O Instituto de Estudos Carballiñeses presentou o número 40 da revista Ágora do Orcellón e dous novos libros

O Instituto de Estudios Carballiñeses celebra a asemblea xeral
de socios correspondente ao primeiro semestre deste ano.
Informouse das actividades realizadas polo Instituto de
Estudios Carballiñes no primeiro semestre do ano e dos
proxectos para o segundo semestre e convalidáronse as
propostas de admisión de novos socios.
Tivo lugar tamén a presentación do número 40 da revista Ágora
do Orcellón, así como dos libros A Vera Cruz de Antonio Palacios,
escrito por Rafael Otero, e A novela curta galega no tempo da
Restauración (1880-1931), autoría de Manuel Rosales Cereijo.
Este acto estivo amenizado pola cantautora María do Ceo.
Presentará o acto a actriz Uxía Blanco, socia do Instituto.