O Mago Teto ofrecerá maxia para nenos este venres na biblioteca

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dentro do programa da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (da que forma parte a Biblioteca pública do Carballiño) Ler conta moito dentro, está prevista unha actuación do MAGO TETO co espectáculo A maxia dos contos (Contos de maxia) este venres 14 de xullo ás 12 h na Biblioteca municipal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Unha actividade onde o público infantil, mocidade e adultos poderán desfrutar da maxia e dos contos do Mago Teto durante 70 minutos.

Abracadabra!o mago Teto saca do seu sombreiro un show no que se mistura a narrativa de contos e xogos de maxia. A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto, vai acompañado dun xogo relacionado coa historia. Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.

ACTUACIÓN DO MAGO TETO.

PROGRAMA LER CONTA MOITO

Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Xunta de Galicia

A MAXIA DOS CONTOS (CONTOS DE MAXIA)

Venres, 14 de xullo ás 12.00 h na Casa da Cultura

Destinatarios: tódolos públicos