Teresa Táboas incorpórase á Fundación Paideia

A exconselleira nacionalista Teresa Táboas, con vinculos moi fortes co carballiño e comarca incorpórase á Fundación Paideia , a organización fundada no seu día por Rosalía Mera e presidida hoxe pola súa filla, Sandra Ortega, primoxénita á súa vez do fundador de Inditex Amancio Ortega.

Táboas, doutora en Arquitectura e profesora universitaria, é actualmente vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA).

AVANTAR ACTIVIDADES

En calidade de vogal, Táboas será un dos sete membros do padroado da fundación presidida por Sandra Ortega e que ten como vicepresidente a Guillermo Vergara Muñoz, director de Proxectos da Fundación Paideia. Ata o seu falecemento, un dos máis ilustres vogais da fundación foi o economista Emilio Ontiveros. José Fresnedo, o xefe da oficina patrimonial da filla de Amancio Ortega, o brazo investidor Rosp Corunna, tamén ocupa un posto como vogal do padroado.

PADROADO DA FUNDACIÓN PADEIA

ESTATUTOS DA FUNDACION PADEIA:

https://www.paideia.es/wp-content/uploads/2015/09/estatutos_fpg.pdf

Vínculos entre Sandra Ortega e Táboas
Os vínculos entre Sandra Ortega e Teresa Táboas veñen de atrás, pero ata o de agora estaban afastados da actividade social da filla de Amancio Ortega. Ambas, investidora e arquitecta, crearon en 2021 Sementares, unha empresa con base en Poio que ten por obxecto social a “conservación, selección, clonación e multiplicación de plantas e sementes”, nunha clara aposta pola sustentabilidade das especies arbóreas autóctonas. Ambas son administradoras solidarias de Sementares, que actualmente e tras varias ampliacións conta cun capital social de 300.000 euros.

Teresa Táboas (Ciudad de México, 1961) foi conselleira de Vivenda e Solo durante o goberno bipartito, entre 2005 e 2009. Mantén unha intensa actividade profesional relacionada co mundo da arquitectura e desde o ano pasado é vicepresidenta da UIA, unha organización que agrupa aos arquitectos colexiados de máis de 120 países.

Co programa do BNG
Táboas estivo relativamente afastada da política estes anos. Con todo, o pasado mes de novembro, e coa mirada posta na convocatoria electoral de febreiro, o BNG de Ana Pontón incorporou a Táboas e a Suárez Canal entre o grupo de expertos para elaborar o seu programa electoral. Os exconselleiros do bipartito integraron así o consello asesor en materia económica que a formación frontista puxo en marcha para “definir con claridade, ambición e realismo o proxecto económico do futuro Goberno galego”.

Fonte: Economia Digital Galicia