Os candidatos destacan que para Núñez Feijóo, “a sanidade pública é prioritaria, un piar do Estado de Benestar que fortaleceremos e potenciaremos a partir do 23 de xullo”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Explicaron a aposta do Partido Popular pola Atención Primaria e a saúde mental, “dous eixos estratéxicos da próxima lexislatura”

“Temos a mellor sanidade pública, pero necesita músculo e asegurar a súa sostibilidade para blindar esta posición”, sinalou a cabeza de lista ao Senado, Carmen Leyte, que lembrou os froitos da política sanitaria de Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Leyte detallou outros puntos fundamentais do programa do PP, que buscan a sostibilidade da rede de farmacias, actualizar a estratexia para abordar a cronicidade ou converter a España en líder da implementación do plan europeo de loita contra o cáncer

  • Na súa intervención, no exterior do centro de saúde do Couto, a cabeza de lista ao Senado destacou o compromiso de Alberto Núñez Feijóo coa sanidade pública: “Para el sempre foi unha prioridade, e atesoura unha longa experiencia neste eido, como secretario xeral de Asistencia Sanitaria ou presidente do Insalud. Para Núñez Feijóo a sanidade é un piar fundamental do Estado de Benestar”
  • “Temos a mellor sanidade pública, pero esta sanidade necesita fortalecemento, necesita asegurar a súa sostibilidade e necesita reformas para que efectivamente siga sendo a mellor”, remarcou Carmen Leyte, que estivo acompañada esta mañá por candidatos populares ao Congreso e ao Senado
  • A  candidata popular lembrou a aposta pola sanidade desenvolvida por Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia, mellorando as infraestruturas sanitarias ao longo de toda a comunidade autónoma, con proxectos estratéxicos como a ampliación do CHUO. “Un traballo fundamental para a comodidade asistencial e que, sen dúbida, foi decisivo no peor da pandemia, e na que o presidente Feijóo realizou unha política sanitaria modélica”
  • Fronte ás políticas sanitarias de Feijóo, Leyte lamentou o desleixo de Sánchez: “O actual Goberno non prestou atención á sanidade. Dimitiu da xestión da pandemia e desatendeu a crise derivada da falta de médicos, a pesar das peticións reiteradas das comunidades autónomas”
  • “O Partido Popular ten dous eixos fundamentais para a próxima lexislatura: potenciar a Atención Primaria e a saúde mental”, explicou Leyte. Sobre Primaria, “promoveremos un plan de choque, incorporando incentivos para facer máis atractiva as prazas, ademais de mellorar o programa de formación ou impulsar a incorporación de 1.000 prazas formativas máis de medicina familiar á oferta de 2024”. No referido á saúde mental, “priorizaremos un programa que preste especial atención á infancia e adolescencia, promova programas específicos de saúde mental nas escolas e aprobaremos un Plan Nacional de Prevención do Suicidio”
  • A candidata popular explicou outros puntos fundamentais do programa do Partido Popular no eido sanitario, como procurar a sostibilidade da rede de farmacias, actualizar a estratexia para abordar a cronicidade no sistema nacional de saúde ou converter a España no país líder na implementación do plan europeo de loita contra o cáncer. Tamén avanzou a “blindaxe por lei do apoio aos afectados por ELA e a súas familias para que teñan a mellor calidade de vida posible”
  • “Quero dar as grazas a todos os compañeiros da sanidade, ao persoal sanitario e ao persoal non sanitario, todos os que non sacaron adiante na pandemia e que hoxe en día seguen traballando nos centros de saúde e hospitais do país, ao carón da xente e loitando por unha sanidade mellor. Dende o Partido Popular axudaremos a facer isto posible, para que o seu traballo sexa máis sinxelo e traballen en mellores condicións. É unha obriga para con eles e con toda a sociedade”, concluíu Carmen Leyte 
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------