Trescentos piragüistas participarán este domingo no III Descenso Internacional “Ourense Provincia Termal” nas augas do Miño

Presentación do III Descenso Internacional Ourense a Provincia Termal. Participan Rosendo Fernández (Vicepresidenta da Deputación Ourense), Rebeca Sotelo Fernández (Alcaldesa de Cenlle), Manuel Pardo Cid (Xefe Territorial de Presidencia), Alfredo Brea (Presidente Federación Galega de Piragüismo) e José Luis Fernández Bermejo (Presidente Clube Piragüismo Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O próximo domingo, día 15, celebrarase en augas do río Miño o III Descenso Internacional “Ourense Provincia Termal-Memorial Chelis”, que con saída e chegada no balneario de Laias vai reunir a un total de 304 piragüistas pertencentes a 31 equipos de Galicia e Portugal. A Deputación de Ourense patrocina esta proba, que vén de rexistrar un aumento do 60 % no número de participantes con respecto á primeira edición, consolidándose así como unha das grandes regatas do calendario de larga distancia. 

A proba foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo; o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira da Xunta e da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Manuel Pardo; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández Bermejo. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O descenso, puntuable para a liga galega de ríos e travesías, comezará o domingo as 18.00 horas e consta de dous percorridos para as 236 embarcacións apuntadas: un de 12 quilómetros para as categorías K1, K2, xuvenil, sénior e veteranos, e outro de 7 quilómetros para canoas, cadetes e paleo a pe. Ademais, haberá un porteo entre o pantalán de Barbantes e a área termal desta mesma localidade. 

Na proba confirmaron a súa presenza, entre outros, o club portugués Fluvial Vilacondense, vixente campión, ademais dunha importante representación ourensá coa participación dos Fontefría de Muíños, decano da provincia; Fluvial Avión-Castrelo de Miño; Fluvial Allariz e Piragüismo Ourense, organizador do descenso xunto coa Federación Galega de Piragüismo. Ademais do patrocinio da Deputación, colaboran a Xunta de Galicia, o Inorde e os concellos de Cenlle e Ourense.