Boborás volve recuperar a Feira de Feás, que alcanza a súa cuarta edición. No 2018, dende o concello tomábase a decisión de volver a poñela en marcha, como recuperación das antigas tradicións.
Este domingo, dende as 11:00 horas, contará con música en directo, artesanía e mercado de produtos e alimentos autóctonos, e xogos para nenos, entre outras actividades. Tamén haberá un xantar popular, a base de empanada, pulpo, churrasco e postes.
No Irixo tamén se recuperaron tradicións ca Feira do Tellado, que tamén terá lugar este domingo. O nome débese a un lugar da parroquia de San Cosme de Cusanca, da que non se coñece a orixe exacta pero que hai data de que existía fai máis de 100 anos e que deixou de celebrarse fai uns 30 anos.
A feira comezará ás 10.00 horas cunha ruta polos montes do municipio, apertura da feira ás 11:00 horas e ás 14.00 horas cun xantar popular a base de polbo e carne ao caldeiro. Pola tarde, a partir das 17.00 horas: concurso de Andadura Galega 2 tempos, de 4 tempos, de cabalos trotóns, e de trote de cabalos trotóns.