O experto Xabier Limia de Gardón publica un libro sobre a historia do Mosteiro de Oseira, editado pola Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 A Deputación de Ourense vén de editar o libro “Oseira. El esplendoroso renacer de su abadía en la edad moderna. Lecciones de arte, fe y vida”, do experto Xabier Limia de Gardón. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial con Limia de Gardón para coñecer os detalles deste libro, incluído no Plan de Publicacións do ano 2022 e no que o autor aborda cuestións centrais arredor do “renacemento” deste mosteiro referencial na segunda metade do século XX baixo a dirección dos propios monxes. Un traballo de restauración que merecera, xa en 1990, o premio Europa Nostra. 

A mirada de Gardón sobre Oseira

Limia de Gardón (San Cristovo de Cea, 1955) é un recoñecido experto na historia da arte galega, analizando as obras de artistas como Quessada, Virxilio ou Prego de Oliver e participando en congresos especializados e proxectos coma a “Gran Enciclopedia Galega”. 

En paralelo, De Gardón ten realizado numerosos estudos sobre o territorio ourensán, ao que se suma a súa achega á difusión e posta en valor do patrimonio provincial. Un traballo este último no que, ademais da Catedral de Ourense ou Santa Clara de Allariz, destacan especialmente os seus traballos sobre o mosteiro de Oseira, que teñen neste libro editado pola Deputación de Ourense un novo fito.