Extracto das bases e convocatoria concurso de camisetas para a LXI Festa do Pulpo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/706478)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  1. Obxectivo do concurso
    O presente concurso ten como finalidade seleccionar o deseño
    dunha camiseta con motivo da Festa do Pulpo 2023, e así seguir
    incentivando a participación da mocidade na Festa do Pulpo.
    O deseño pode estar creado a base de debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, número ou calquera outro elemento
    gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera
    cor, na súa parte dianteira ou traseira ou en ambas.
  2. Beneficiarios
    A participación está aberta a todos os colectivos (asociacións
    xuvenís, culturais, veciñais, etc.; grupos, cuadrillas, colexios…) que o desexen, sen límite de idade sempre que o/a responsable da agrupación sexa maior de idade.
  3. Crédito orzamentario e premios
    Establécese un único premio ao mellor deseño dotado con 200
    euros para a camiseta que maior número de votos reciba; o
    resto de camisetas que cumpran os requisitos das bases expostas recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada
    unha. No caso de que se esgote o crédito debido ao número de
    inscricións, quedarán sen a compensación de 60 euros as que
    realizasen a súa inscrición máis tarde.
  4. Prazo e presentación de solicitudes e documentación
    As inscricións deberanse recoller no Departamento de Cultura
    do Concello, e presentarse no Rexistro municipal desde o día
    seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, tras a comunicación efectuada para o efecto na
    Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e ata o día 9 de
    agosto de 2023, en horario de oficina (de 9.00 a 14.00 horas).
    Para calquera consulta, poderán chamar ao teléfono 988 530
    007, (extensión 329) ou 662 198 615.
    O Carballiño, 3 de xullo de 2023. O alcalde