O sector hostaleiro do Carballiño está de noraboa neste mes de Xullo xa que a programación cultural e deportiva esta a surtir os seus efectos cun número elevado de reservas nos restaurantes e nos aloxamentos de hoteis e do propio camping municipal. A celebración dos concertos do ciclo ‘Feito no Carballiño’, a romaría da Madanela e a ponte do 25 de Xullo repercutiron nunha ocupación de entre o 70% e o 90% das prazas hoteleiras, que se elevará ata o 100% nos vindeiros días, coincidindo coa organización do Rally Pazo Tizón, a Festa da Palabra e o Festival de Habaneras.
Uns datos que foron valorados positivamente polo concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Manuel Dacal