A Insua dos Poetas acolle hoxe a celebración da tradicional “Festa da Palabra”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O espazo natural da Ínsua dos Poetas será escenario mañá da 15ª edición da “Festa da Palabra”, adicada nesta ocasión ao poeta Arcadio López-Casanova e cun completo programa de actividades, organizadas pola Fundación Ínsua dos Poetas coa colaboración do Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense. Dende as 11,30 horas, neste parque ubicado no lugar da Esgueva, na parroquia de Madarnás, haberá un recital de poemas, o descubrimento da instalación pictórica realizada por Antón Pulido e un xantar de irmandade, todo ela amenizado polas agrupacións musicais Aurum Ensemble e Airiños de Candelas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO