Un libro recolle as partituras de José Luis Reza Cabano a xeito de homenaxe no ‘Festival de Habaneras’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O ‘Festival de Habaneras’ acada este sábado a súa 29ª edición da man do Orfeón do Carballiño, cunha emotiva homenaxe ao que fora seu director durante os seus primeiros anos de andaina, José Luis Reza Cabano.

O evento terá lugar dende as 8,30 da tarde no Auditorio Manuel María, e contará coa participación da coral polifónica de Teis-Vigo, da rondalla Alfaia de Cenlle e da agrupación musical anfitriona. A organización do evento editou un libro coas composicións máis destacadas de Reza Cabano e que foi presentado hoxe na Casa do Concello, coa participación do propio José Luis Reza; os editores da publicación, Enrique Mourille e Carlos Núñez, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández:

COMERCIAL ORCELLÓN
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------