O Carballiño será o eixo dunha área estratéxica de desenvolvemento con Boborás, Maside, Cea e Piñor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A vila do Arenteiro converterase no punto de referencia dunha gran área interurbana na comarca carballiñesa para a promoción conxunta de iniciativas para o desenvolvemento socioeconómico e territorial que poidan ser amparadas por fondos doutras administracións e da Unión Europea. Esta unión involucra aos concellos do Carballiño, Maside, Boborás, Piñor e San Cristovo de Cea, que dispoñen dunha achega de 50.000 euros procedente da Deputación Provincial para a redacción dun plan estratéxico que marque as liñas a seguir neste proxecto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deste xeito, a Casa do Concello carballiñesa acolleu unha xuntanza na que participaron o alcalde anfitrión, Francisco Fumega, e os seus homólogos Patricia Torres, José Luis González e José Luis Valladares, unha reunión á que se incorporou con posterioridade o rexedor de Maside, José Manuel Iglesias. Fumega destacou o feito da existencia “dunhas infraestructuras viarias  inmellorables que cruzan os cinco municipios e que favorecerán o desenvolvemento de obxectivos nos ámbetos económico, social e para solucionar o problema da falta de vivendas”.

Pola súa banda, Patricia Torres, alcaldesa de Boborás e vicepresidenta da Deputación, valorou que “a nosa comarca é a segunda en poboación tra-el área da cidade de Ourense, e elo vainos permitir acceder a fondos europeos para planificar as medidas máis urxentes que contribúan á mellora dos nosos munic¡pios”. Neste sentido, os cinco concellos suman máis de 20.000 habitantes, o que supón estar nun intervalo de poboación idóneo para recibir axudas da Unión Europea.

No futuro programa de estratexia conxunta tamén se contempla o desenvolvemento sostible coa creación de vías de comunicación entre os núcleos poboacionais, a mellora das redes de abastecemento e saneamento e o relanzamento das áreas industriais, coma é o caso do futuro parque empresarial do Carballiño e Maside e a ampliación do existente en San Cristovo de Cea. Todo elo ao abeiro da atracción que supón para esta área estructurada polos cinco municipios a posesión de recursos naturais, gastronómicos, patrimonais e paisaxísticos senlleiros a nivel de todo o Estado.