A Festa do Pulpo potencia a súa internacionalidade dedicando a 61 edición ao Camiño Miñoto e cun novo récord: 580 quilos da tapa máis grande

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

-A Semana Grande para Pequenos, que arrancará o luns na Praza da Veracruz, inaugurará case dúas semanas de programación

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

-O 8 de agosto cocerase este manxar na Praza Maior e para a súa preparación empregaranse 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pimentón

-A presentación da celebración terá lugar o 4 de agosto en Santiago de Compostela, punto final do Camiño Miñoto, coa Praza do Toural como escenario

O Carballiño, 29 de xullo de 2023

A Festa do Pulpo farase aínda máis grande nesta 61 edición. Despois de estrear a súa internacionalización, este verán potenciarase dentro da Ruta Xacobea coa dedicación da celebración ao Camiño Miñoto. Trátase dun dos percorridos máis antigos que enlazaban o norte de Portugal con Compostela. Precisamente na capital de Galicia, punto final do Camiño Miñoto, terá lugar a presentación oficial da Festa do Pulpo, prevista para o 4 de agosto e coa Praza do Toural como escenario.

A programación arrancará o luns coa Semana Grande para Pequenos, na Praza da Veracruz, e que ofrecerá obradoiros, inchables e ata unha festa da espuma. Os máis pequenos poderán disfrutar das actividades en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Outro dos pratos fortes da programación será, como é tradición, a elaboración da tapa máis grande do mundo, o 8 de agosto. Intentarase bater un novo récord con 580 quilos de pulpo e para a súa elaboración empregaranse 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pimentón. O Concurso de Camisetas, previsto para o 12 de agosto, contará con animación DJ, a partir das 18.00 horas.

A gran comida en honor a este manxar terá lugar no Parque Municipal, o 13 de agosto. Unha das novidades desta edición será a recuperación da música tradicional cos concertos Son do Pulpo, a cargo de Coribantes de Buchabade e Ardentía. A música será protagonista todos os días de celebración, con concertos e charangas.

Este é o programa detallado:

Do 31 de xullo ao 3 de agosto: Semana Grande para Pequenos. Praza da Veracruz. De 19.00 a 21.00 horas.

4 de agosto: Andaina nocturna aos petroglifos de Cangues. Saída do local da AA.VV. de Madarnás, ás 22.00 horas. Organiza: Centro de Estudos Chamoso Lamas.

Presentación da Festa do Pulpo en Santiago de Compostela. Praza do Toural. Entre as 12:00 e as 14:00 horas.

4-6 de agosto:

Feira Medieval A Liorta (de 11:00 a 23.30 horas).

5 de agosto:

Música Feito no Carballiño: Sueño de Ítaca. Alameda. 20.30 horas.

7 de agosto:

Música Feito no Carballiño. Marta e Sergio Tanús. Praza Maior. 20.30 horas.

8 de agosto:

Elaboración da tapa de pulpo máis grande do mundo. Praza Maior.

9 de agosto:

Concerto de pop rock: Soul & Roll. Praza Maior 20.30 horas.

10 de agosto:

Festival Folclórico Internacional. Praza Maior. 22.30 horas.

11 de agosto:

Torneo de fútbol Festa do Pulpo. CD Arenteiro-Lugo. Campo de Espiñedo. 19.30 horas.

Animación na rúa: Charanga Mekánica Rolling Banda. A partir das 20.00 horas.

12 de agosto:

Concurso de camisetas. Animación Dj`s. Praza Maior. A patir das 18:00 horas.

13 de agosto:

Festa do Pulpo no Parque Municipal.

11.00 horas: Saída dos grupos de música tradicional.

11.30 horas: Apertura de postos grastronómicos.

12.00 horas: Concertos “Son do Pulpo”. Música tradicional. Coribantes de Buchabade. Ardentía.

Saída das charangas pola vila.

14.00 horas: Apertura do recinto oficial.

17.00 horas:  As charangas volven saír na vila.

20.30 horas: Orquestra Yukatán. Primeiro pase.

23.30 horas: Orquestra Yukatán. Segundo pase.