O piloto de Vincios Alberto Meira, acompañado por Avelino Martínez e a os mandos do Skoda Fabia R5, foi o vencedor do Rallye Pazo Tizón – Comarca de Carballiño, sexta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes.
Meira e Martínez, que xa foron vencedores na primeira edición da proba ourensá na temporada 2021, situáronse no primeiro treito no lidedato da carreira e xa non permitiron que ningún dos seus rivais lles arrebatase o triunfo, obtendo ademáis o primeiro posto no Supercampionato Recalvi R5 e na Top Ten Pirelli Driver Autia A.
Con este primeiro posto Meira e Martínez sitúanse no liderato provisional do Campionato Galego despois da ausencia de Víctor Senra e David Vázquez na cita ourensá.

Un triunfo que soamente puxeron en cuestión Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera, que na segunda carreira co Hyundai I20 R5 foron capaces de marcar varios scratch aínda que un pinchazo no penúltimo treito relegounos na clasificación xeral (foron cuartos clasificados finalmente).
Desta forma, os segundo posto da clasificación foi a parar a mans de Javier Ramos e Alex Moure, aos mandos do Volkswagen Polo R5, co que xa estiveron presentes no Rallye Sur do Condado.
O terceiro posto da clasificación xeral foi para un dos equipos becados da Federación Galega de Automobilismo formado por Alexis Vietez e Cristian Álvarez. O equipo do Nissan Micra N5 víronse lastrados por uns pequenos problemas mecánicos e por atoparse con público tras a saída de estrada de Jorge Coca.
José Lamela e Néstor Casal remataron a proba no quinto posto da clasificación. Os do Skoda Fabia N5 tiveron unha proba chea de problemas, xa que tras facer un recto no primeiro tramo e verse obligados a remontar durante toda a xornada, nos dous últimos treitos tiveron diversos problemas que fixeron que rematasen no quinto posto final.