O PPdeOU chega ao 50% de apoio electoral co reconto do voto emigrante

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular de Ourense recibiu o 52,91% de apoio do voto emigrante, logo do reconto do Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA), realizado hoxe na Audiencia Provincial. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dos 5.702 votos emitidos válidos a partidos políticos polos residentes ausentes para o Congreso, o PPdeOU obtivo 3.017 sufraxios (o 52,93% sobre os votos a candidaturas), superando en 32 puntos o apoio obtido pola seguinte lista, a do PSOE (1.176 votos). 

Co voto do CERA, o Partido Popular de Ourense reforza os resultados acadados o pasado domingo, chegando aos 93.202 apoios no Congreso, o que supón alcanzar o 50% dos votos dos emitidos polos ourensáns que participaron nos comicios do pasado domingo. 

Contundente vitoria no Senado

No Senado, o apoio ao PPdeOU asinou similares datos que na elección aos representantes ourensáns á Cámara Baixa. Nesta liña, Carmen Leyte foi a candidata máis votada con 3.063 apoios. Por detrás, os tamén populares Luis Menor (2.877) e Rosa María Sánchez (2.799). Os tres candidatos socialistas quedaron, pola súa banda, cadanseu con arredor dun millar de votos válidos.