O campo da Regueiriña, en Barbantes, era o lugar previsto para celebrar na xornada de mañá un triangular benéfico, cuxos beneficios irán destinados na súa totalidade a Aspadisi. A organización anunciou a súa cancelación por causas alleas aos equipos.
Os primeiros en enfrontarse serán o Maside C.F. e o C.D. Arenteiro, ás 19:00 horas; despois, ás 20:00 horas será o Arenteiro quen se enfronte ao Ourense C.F. e pecharán os masidaos enfrontándose aos da capital, ás 21.00 horas.