Mañá O Carballiño bate un novo récord ca tapa de pulpo máis grande do mundo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Festa do Pulpo potencia a súa internacionalidade dedicando a 61 edición ao Camiño Miñoto e ademais cun novo récord: 585 quilos da tapa máis grande de pulpo do mundo. Este evento multitudinario, que gusta a grandes e pequenos, será mañá martes, na Praza Maior.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para a súa preparación empregaranse 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pimentón. Por un prezo de cinco euros, os asistentes poderán degustar a tapa con pan, viño e postre e levar de agasallo un prato conmemorativo.

O Carballiño leva xa máis dunha semana celebrando a Festa do Pulpo cunha programación que se estenderá ata o domingo, 13 de agosto, cando está prevista a gran romaría no Parque Municipal. O Concurso de Camisetas, o 12 de agosto, contará con animación DJ, a partir das 18.00 horas, e será outro dos pratos fortes.

Este é o programa detallado:

7 de agosto:

Música Feito no Carballiño. Marta e Sergio Tanús. Praza Maior. 20.30 horas.

8 de agosto:

Elaboración da tapa de pulpo máis grande do mundo. Praza Maior. 19.30 horas.

9 de agosto:

Concerto de pop rock: Soul & Roll. Praza Maior 20.30 horas.

10 de agosto:

Festival Folclórico Internacional. Praza Maior. 22.30 horas.

11 de agosto:

Torneo de fútbol Festa do Pulpo. CD Arenteiro-Lugo. Campo de Espiñedo. 19.30 horas.

Animación na rúa: Charanga Mekánica Rolling Banda. A partir das 20.00 horas.

12 de agosto:

Concurso de camisetas. Animación Dj`s. Praza Maior. A patir das 18:00 horas.

13 de agosto:

Festa do Pulpo no Parque Municipal.

11.00 horas: Saída dos grupos de música tradicional.

11.30 horas: Apertura de postos grastronómicos.

12.00 horas: Concertos “Son do Pulpo”. Música tradicional. Coribantes de Buchabade. Ardentía.

Saída das charangas pola vila.

14.00 horas: Apertura do recinto oficial.

17.00 horas:  As charangas volven saír na vila.

20.30 horas: Orquestra Yukatán. Primeiro pase.

23.30 horas: Orquestra Yukatán. Segundo pase.