O Campamento Urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” na Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Rosendo Fernández recibiu a setenta rapaces, de 11 e 12 anos, que visitaron o Pazo Provincial para protagonizar unha sesión plenaria xuvenil 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 09 de agosto de 2023.- O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a setenta rapaces, de entre 11 e 12 anos, que están a participar no Campamento Urbano de Amencer e que visitaron o Pazo Provincial para celebrar o seu “Día do Parlamento” protagonizando unha sesión plenaria xuvenil. 

Rosendo Fernández destacou a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas, baseadas na participación activa e a divulgación, enmarcadas no programa de actividades do Campamento Urbano de Amencer, porque achegan as institucións públicas á mocidade ourensá, e en particular “do Concello de Concellos que é a Deputación Provincial”. Ademais, o deputado provincial Representación Institucional explicoulles aos rapaces o funcionamento do Salón de Plenos do goberno provincial e atendeu a todas dúbidas que lle prantexaron os rapaces e rapaces. Por este motivo, Rosendo Fernández recibiu de mans dos membros desta actividade un diploma en agradecemento pola colaboración brindada desde a Deputación Provincial. 

 Logo da elección do presidente, vicepresidentes, secretario e interventor da sesión plenaria xuvenil, desenvolveuse o pleno con propostas organizativas para seguir mellorando as actividades do Campamento Urbano de Amencer.