Iván Picallo aos mandos do seu habitual Citroën Saxo foi o vencedor do Slalom de Sarria, quinta cita puntuable para un campionato que non deixa de medrar en participantes e emoción durante as probas.
Nun trazado exactamente igual ao da pasada edición, salvo unha das zonas que recibiu un novo asfalto, todas as mangas celebráronse sen apenas atrasos e tan só alteradas no esquema de saídas polos clásicos incidentes mecánicos propios da modalidade.
Coma era de agardar, a calor que leva instalada en Galicia toda a semana foi convidada de excepción á cita lucense, que novamente na contorna do Mercado de Gando da localidade citou a un grande número de afeccionados, especialmente durante as mangas da tarde, as que decidiron o triunfo de Picallo.
Precisamente Picallo rompeu a igualdade en número de triunfos que había este ano no Campionato Galego de Slalom, con un primeiro lugar por 0,042 milésimas sobre Pablo Castro, no Citroën AX.
A continuación dos dous primeiros clasificados situouse Manuel Trevín, outro dos favoritos á victoria, que se deixou tan só 1.6 segundos sobre o vencedor da carreira celebrada en Sarria.
Completaron os cinco primeros clasificados, Aarón Rodríguez co Peugeot 106, e Daniel Mellado co BMW, a 3,7 e 6,1 segundos do gañador da proba, respectivamente.
Dentro dos participantes na modalidade de iniciación, o primeiros clasificado foi Miguel Ángel García e en debutantes, o mellor da xeral foi Yerai Paredes. Entre as féminas, primeiro posto para Lidia del Río co Peugeot 106.