Esta mañá, o concello do Carballiño acolleu a presentación dunha nova Feira do Stock, organizada polo Carballiño Centro Comercial Aberto. Un total de 16 comercios estarán na Praza Maior e ofrecerán os seus mellores prezos coa finalidade de liquidar os artigos de tempada. Os demais establecementos ofrecerán descontos na súa tenda. A apertura de portas levarase a cabo o venres 10 ás 17:00h e pechará ás 22:00h. Continuará sábado e domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00 a 22:00.
O concelleiro de comercio, Manuel Dacal, animou a todos os veciños e visitantes a achegarse ata a vila e apostar polo comercio local do municipio.