Dende a ANPA do CMUS ESMU queremos que se garantice e se defenda a dignidade laboral no ámbito musical e da cultura. Calificamos “inxustificable e persistente” a precariedade laboral que existe no conservatorio municipal de Carballiño. Hai unha contratación elevada a tempo parcial principalmente nos instrumentos minoritarios “Incluso hay contratacións con só 6 horas de docencia semanal”.
O modelo de contratación predominante é a tempo parcial e “discontinuo” interumpíndose o contrato no mes de xullo e agosto.
A calidade educativa do centro “exixe que as condicións laborais do profesorado do conservatorio deben ser melloradas urxentemente” . Os soldos e as condiciones de contratación «non se corresponden coa categoría e calidade exixida para desempeñar as suas funcións», . Na sua xornada laboral debido a carga lectiva faltalles tempo para organizar o traballo nos departamentos; organizar clases de reforzo , clases colectivas i audicións ; formación continua; atención titorial a país e nais; e participar na xestión do centro e no consello escolar.
A consolidación, especialización , estabilidade e continuidade do posto docente é importante para garantir un conservatorio de calidade. Trátase dun obxectivo prioritario que recolle o “Proxecto Educativo” do CMUS documento aprobado recentemente, por unanimidade, por tódolos membros do consello escolar “incluído a representación do concello”. Na memoria anual do Conservatorio , do recente curso rematado, a representación dos diferentes membros da comunidade educativo solicita se melloren as condicións laborales do profesorado e que se atenda tódalas necesidades educativas do centro.
Desexamos se atendan as peticións do profesorado que están a solicitar a equiparación e equidade nas condicións de contratación asi como equiparación en dereitos retributivos para o mes de xullo e agosto, “para tódolos membros da plantilla docente”. Non pode existir diferencias de trato nos dereitos retributivos.
Ado.: ANPA do ESMU/CMUS do Carballiño