É público e notorio, tras os últimos sinistros de incendio acontecidos no Carballiño , a falta de medios, planificación e coordinación dos servicios de emerxencia no concello de Carballiño.
Exiximos que se leve a cabo as iniciativas oportunas por parte dos responsables do Conservatorio e de Emerxencias do Concello para que o centro dispoña de un plan de emerxencia que garante a plena seguridade do alumnado, e dos participantes en situacións de pública concurrencia.
Dende a ANPA non só nos preocupa a calidade educativa do centro senón tamén a seguridade dos nosos fillos e alumnos. Tal como recolle a memoria anual do conservatorio entre as numerosas carencias existentes destaca a falta dun plan de emerxencias e de Autoprotección do centro .
Dende a representación de Nais e Pais do conservatorio público de Carballiño exiximos se atenda de urxencia as numerosas peticións realizadas no consello escolar, por parte da representación de Nais/Pais , de levar a cabo a planificación e a posta en marcha dun plan de emerxencias do centro e do auditorio.
“Todos os centros educativos incluidos os conservatorios de titularidade municipal deberán contar cun Plan de Autoprotección” . Solicitamos que se identifiquen e se corrixan tódolos posibles riscos do centro antes do inicio do curso escolar incluído a presenza de Gas Radón tal como recolle a memoria anual do conservatorio.
Para a elaboración do documento a dirección do centro ten plena autonomía para establecer as iniciativas oportunas para encargar e levar a práctica o Plan O documento debe ser aprobado polo consello escolar e deberá remitirse e rexistrar unha copia do plan de autoprotección a administración competente e os servicios de Protección Civil e de emerxencias do concello.
As obligacións e competencias están claramente definidas na normativa que regula o funcionamento dos Conservatorios e na normativa de Autoprotección.
“Os conservatorios deberán realizar un simulacro de evacuación polo menos unha vez o ano rexistrando a sua eficacia no propio documento do Plan de Autoprotección”