A Deputación de Ourense destina máis de 1,1 millóns de euros a subvencións para actividades deportivas, obras e para o Festival de Cine

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de activar 1.125.096,52 euros para o desenvolvemento de diversas obras, melloras de servizos e convocatorias de subvencións no ámbito deportivo. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, un dos puntos adoptados esta mañá foi a aprobación das bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos en 2023. Esta convocatoria, cuxas bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia, está dotada con 60.000 euros. De igual modo, tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades físico-deportivas en 2023. O prazo para solicitar subvencións en senllas convocatorias remata o 30 de setembro. 

No tocante a subvencións para obras e melloras de servizos en diferentes municipios, a Xunta de Goberno aprobou mobilizar un total de 593.000 euros en subvencións para diversos municipios. Así, o Concello de Allariz percibirá 150.000 euros para pavimentación e renovación de espazos rurais, así como outros 70.000 euros para pavimentación e renovación de espazos urbanos. Do mesmo xeito, o Concello de Porqueira beneficiarase dunha subvención de 175.000 euros para servizos básicos (iluminación, calefacción, abastecemento, etc). No que respecta ao Concello de Pereiro de Aguiar, percibirá 150.000 euros para a execución da obra de eficiencia enerxética. Por último, o Concello de Paderne de Allariz recibirá unha subvención de 48.000 euros para a execución da obra de reparación do manancial de San Xés. 

Seguindo co apartado de obras, a Xunta de Goberno tamén aprobou esta mañá modificar o importe inicial da obra de acondicionamento e mellora integral na OU-1015 en Albarellos. O incremento, de 33.096,52 euros con cargo aos remanentes das achegas provinciais producidos por baixas nas licitacións do plan de obras do ano 2023, fixa a contía final da obra en 197.096,52 euros. 

Por último, na sesión da Xunta de Goberno desta mañá aprobouse tamén unha subvención de 225.000 euros en favor da Fundación Carlos Velo para o Festival de Cine OUFF 2023.