Belén en Boborás

Este é o comunicado que nos fai chegar a alcaldesa de Boborás Patricia Torres:

Este ano a nosa idea era organizar talleres en colaboración con dous veciños do noso municipio, Jaime e Maria Dolores (Loli) que son uns artistas, nós que puidera participar a veciñanza e crear con madeira e outros elementos aproveitables decoración navideña e así encher de ilusión os diferentes pobos, feito que cada ano podería ir aumentando.

Publicidade Premer na Imaxe

O certo é que no mes de outubro a situación foi mói complicada e non se puido. Aínda así e da man de Jaime e Loli instalamos diante do concello este Belén a tamaño real, feito por eles, teñen unha creatividade impresionante. Da gusto velo.
Convidamos a todo aquel que guste a achegarse e sacarse fotos. Tamén colocamos algunhas luces.


Agardemos que o ano que ven sexa distinto e si poidamos levar a cabo o proxecto inicial. 😍
Tamén vimos que moitos dos nosos veciños adornan as súas casas, enchendo de luz os nosos pobos. Dámoslles as gracias por non perder a alegría!