Este venres terá lugar a 12ª gala de entrega dos Galardóns Arenteira

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este vindeiro venres, día 1 de decembro, terá lugar o acto de entrega dos Galardóns Arenteira. A gala será no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:30 horas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O responsable do ApartHotel, Uriel Bernárdez, agradecía a colaboración do concello do Carballiño por ceder o espazo do auditorio para celebración do acto de entrega destes premios.

O presidente do xurado, Xosé Luis Sobrado, explicaba os motivos para esta escolla. Na modalidade de Cultura e Investigación, o premiado será o Cine Club Carballiño. Consideran a súa longa traxectoria e fructífera no mundo do cine por preto de medio século. Destacan a súa creación das Xociviga, facendo do Carballiño a capital do cine galego. A pesar dos problemas que sofren as asociacións ao longo do tempo, saíron adiante e continúan coa súa programación.

Na modalidade de Deportes, o premiado é o Club Aehde Patinaxe. É unha entidade relativamente recente pero chea de actividade. Valoran tanto os éxitos acadados nos últimos anos como a proxección formativa con persoas mozas e adultas que atopan neste club o seu acomodo e realzación persoal e deportiva.

título póstumo, a Arenteira premia a Rosa Núñez, falecida en xaneiro deste ano. Foi unha das grandes dinamizadoras da cultura do Carballiño. Paraticipou na nacente asociación Avantar, presidenta da Asociación de Artesáns do Carballiño, colaboradora do Festival do Teatro Galego, promotora da Festa da Pepa Loba e da Feira de Artesanía. Valedora e coñecedora como poucas do traxe tradicional galego e da súa proxección e confección.

Por segundo ano entregando o premio de Superación Persoal, recaerá en Miguel Fernández, alumno do CPI Terras de Maside. Tense en conta no seu caso a súa dedicación e entrega nos estudos pese a grave enfermidade que padece dende o ano 2021. Lonxe de renderse, mantivo sempre unha actitude positiva, asistindo a clase cando a enfermidade llo permitía e valéndose da teledocencia.