O concello de Cea informa sobre erros en datos persoais en varios recibos enviados a domicilio

O alcalde de San Cristovo de Cea emitiu esta mañá un bando informativo no que comunicaba que se detectaran erros en datos persoais de varios veciños nos recibos do cobro do IBI e da recollida do lixo, tales como direccións incompletas ou erróneas. Con efecto de que non haxa problemas na recepción destas cartas, dende o concello solicitan ós contribuíntes que comproben os datos e que, se identifican algún erro, acudan ás dependencias municipais para solventalo.