A Residencia de Tempo Libre retoma o programa “Xuntos polo Nadal”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou ás persoas participantes no programa Xuntos polo Nadal na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, acompañados polo alcalde e tenente alcalde e membros da corporación.

O alcalde do Carballiño destacou a importancia deste programa sobre todo nestas datas e referendeou a colaboración entre o concello e a Xunta para manter o programa activo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este programa, “Xuntos polo Nadal”, conta este ano con 150 prazas en Galicia, desfrutándose parte delas na Residencia de Tempo de Libre do Carballiño. Este ano as quendas dividíronse, en lugar dunha estancia de 15 días, son dúas estancias semanais. O programa oferta talleres, música e compañía nestas datas tan familiares.

Ademais, Fabiola García recordou que a residencia do Cornuval de dependentes vai ocupar todas as súas prazas dispoñibles que son 80, 30 máis que na actualidade. Así se tomou o acordo onte no Consello da Xunta.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou ás persoas participantes no programa Xuntos polo Nadal na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, acompañados polo alcalde e tenente alcalde e membros da corporación.

VIDEO A partir do minuto 7:30