Onte reunión do alcalde cos portavoces da oposición

O ALCALDE DO CARBALLIÑO FRANCISCO FUMEGA REÚNESE COS PORTAVOCES DA OPOSICIÓN PARA POÑER EN COMÚN AS PROPOSTAS ECONÓMICAS PARA PALIAR A CRISE DO COVID-19

Publicidade

Onte Espazo Común emitía un comunicado no que se queixaba de que o alcalde non se reunira con eles dende o comezo da crise, pois ben, finalmente esa xuntanza cos portavoces de todos os partidos da oposición carballiñesa tivo lugar esta mañá as 12h do mediodía no salón de plenos do concello e, por tanto, facíase tamén extensiva esta invitación a Espazo Común.

Ricardo Perea, voceiro do PP, Adolfo Nogueira, de Espazo Común, e Sofía García, do BNG, presentaron as súas propostas de modificacións e alegacións aos orzamentos do 2020, encaminadas todas elas a frear o impacto que terá a crise sanitaria na economía da nosa vila.

O alcalde Francisco Fumega agradece todas as ideas que aportaron cada un dos partidos e traballarán nelas por se é necesario reformar as medidas xa anunciadas polo alcalde o unhas futuras que se fagan. Dende o concello continúase traballando na preparación do pleno telemático que podería ter lugar, se non hai complicacións, o venres da vindeira semana. 

VIDEO