O grupo municipal socialista de Ourense critica a monitorización do ppdeg sobre o pp da cidade e sinala que “só queda despexar a incógnita” de se volverán ao goberno de Jácome trala marcha de Cabezas

“O PP dos Feijóo, Tellado, Rueda e Prado fai tempo que monitorizou ao PP da cidade de Ourense e o transformou nun auténtico «meme» ante a cidadanía”, tal e como expresou a voceira do grupo municipal socialista, Natalia González

“Agora só queda despexar a incógnita de se o PP volverá ao Goberno de Jácome por terceira vez”, engadiu a tamén secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 31 de agosto de 2023. O grupo municipal socialista lembra, logo de coñecer a renuncia de Manuel Cabezas a súa acta como concelleiro, que “o PP dos Feijóo, Tellado, Rueda e Prado fai tempo que monitorizou ao PP da cidade de Ourense e o transformou nun auténtico «meme» ante a cidadanía”, tal e como expresou a súa portavoz, Natalia González.

“O único que lles faltaba era entregar a cabeza de Manuel Cabezas a Jácome, a maiores do bastón da Alcaldía por dúas veces, e isto foi o que fixeron hoxe”, lamentou a tamén secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade. “Agora só queda despexar a incógnita de se volverán ao goberno de Jácome por terceira vez”, rematou.

Desde o grupo municipal tamén dan a benvida, novamente, a Sonia Ogando ao Concello e amosan o seu “respecto persoal e político a Manuel Cabezas”, así como os seus “mellores desexos para el no futuro ante o seu abandono da Corporación”.