Ribadavia celebrou hoxe o día grande das Festas da Virxe do Portal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O municipio de Ribadavia celebrou hoxe un dos días fortes das súas festas patronais na honra da Virxe do Portal. Pola mañá, foi a Banda A Lira a que ofreceu un pasarrúas, previo á procesión polas rúas do concello na que tamén foi de acompañamento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As Mulleres Rurais de Ribadavia foron as encargadas de elaborar a alfombra floral na honra da virxe nos últimos días. A ofrenda deste ano é a Arnoia, como manda a tradición de alternancia entre os concellos do Ribeiro.

Hoxe tamén serán, á medianoite, os tradicionais fogos de artificio, entre outra gran variedade de actividades, coma orquestras, xigantes e cabezudos e máis música.

A actuación concerto de Michael Legend, prevista para mañá sábado, quedou aprazada pola previsión de choiva.