O Club de Patinaxe Aehde arranca a tempada con xornadas de portas abertas

O vindeiro xoves 21 de setembro arranca unha nova temporada na escola de patinaxe artística do Club Aehde O Carballiño, e durante os dias 21, 26 e 28 de setembro, a entidade promove xornadas de portas abertas para que todas as interesadas/os, poidan probar sen compromiso algún  e de balde o noso deporte. O horario será de 17.15 a 19.15 en duas quendas dunha hora cada unha, podendo escollerse para probar as que mellor se adaptan ao horario de cada quen. A oferta está dirixida para nenas e nenos a partires dos tres anos.

Dun xeito paralelo continúa aberta a inscrición para todas as seccións do club: artistica individual, show, preshow, patinaxe en línea e patinaxe de adultos, además da propia escola de patinaxe artística.

AVANTAR ACTIVIDADES