O Sporting Carballiño segue sumando minutos de gloria neste comezo de temporada. Neste caso, este pasado domingo enfrontábase ao derbi local fronte ao Maside, xogado ademais na casa do rival.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Aínda así, seguiron facendo os deberes. Anotaban unha vitoria arrasadora con tres goles, de Martín Pérez, Alberto Camba e Alex Mosquera. O Maside, pola contra, anotaba un so tanto de Esteban Gómez. Este resultado colócao no cuarto posto da táboa.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------










