O tributo de Michael Legend animou Ribadavia esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este pasado sábado, despois de ter que cambiar as datas a causa da choiva, chegou ‘Michael Legend (JacksonTribute)’ a Ribadavia, actuación dentro das festas do Portal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Foi unha multitude a que se animou a desfrutar deste gran concerto.

Actualmente, é un dos mellores espectáculos de homenaxe musical do mundo á figura de Michael Jackson. Ao longo da súa andaina, a mostra foi modificada e mellorada, tanto nos medios técnicos como artísticos. En 2016 incorporouse ao equipo Ben Jackson, considerado o mellor imitador do actual rei do pop actuando en España. Excelente cantante e bailarín, Ben Jackson leva dende os dez anos no mundo da música e dende 1991 estuda a figura de Michael Jackson.

Pero nesta homenaxe, Ben non está só, acompáñao un excelente equipo de grandes bailaríns, ademais de figurantes e cantantes.