O cine club proxecta este venres o filme “Jinetes de la justicia”

Este venres día 22 de outubro o cine club pásase á comedia cas súas proxeccións semanais, logo de varios dramas. Neste caso será a quenda da produción danesa “Jinetes de la justicia”, dirixida por Anders Thomas Jensen. Trátase dunha comedia negra e mestura de xéneros, que  fan deste filme unha obra orixinal e peculiar que triunfou tanto entre a crítica coma o público.

Os pases serán coma sempre no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. 

AVANTAR ACTIVIDADES