Tres falecidos e polo menos dous desaparecidos ao precipitarse un autobús ao río Lérez a 75 metros de profundidade, en Cerdedo-Cotobade
No autobus viaxaba un grupo que acudira a ver aos seus familiares á prisión de Monterroso. O condutor, que deu negativo por alcol e drogas, e unha pasaxeira foron rescatados con vida. A procura renovouse esta mañá.
Polo momento, tres persoas faleceron despois de que este domingo localizarse un terceiro corpo e hai polo menos outras dúas desaparecidas no accidente. O autocar precipitouse desde unha ponte ao río Lérez caendo a uns 75 metros de profundidade. O suceso tiña lugar preto das 21.20 horas no quilómetro 67,5 da N-541, á altura de Pedre.
Os Bombeiros puideron rescatar con vida ao condutor do vehículo, C. M. C., de 63 anos, que foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela, e a unha muller, M. R. G. R., trasladada ao Hospital Montecelo. Outras dúas persoas faleceron.